skybridge

badabadabuba.bsky.social · @badabadabuba.bsky.social@bridge.neodb.net

Rated En el camino 6/10

Tres estrelas, quizais tres e media, pero hai moitas cousas que me gustaron bastante e mesmo algunhas que me gustaron moito. Por quitarmo de enriba, o malo: a miña desconexión temporal e xeracional co libro e todo o seu universo e o seu improbable sistema de valores, o denso dos tres primeiros cuartos da obra e a súa falta de enfoque, de centro, de dirección — [b:En el camino|316495|En el camino|Jack Kerouac|https://i.gr-assets.com/images/S/compressed.photo.goodreads.com/books/1515791622l/316495._SY75_.jpg|1701188] é unha sucesión aparentemente interminable de nomes, de cidades e de persoas, de anécdotas, chistes e piadas que se fan excesivas cando o libro podería vivir perfectamente de apenas dous nomes, Sal e Dean, que acaparan case todo o bo da historia. O primeiro: [b:En el camino|316495|En el camino|Jack Kerouac|https://i.gr-assets.com/images/S/compressed.photo.goodreads.com/books/1515791622l/316495._SY75_.jpg|1701188] é unha historia de amizade simple e transparente, cando non de amor, algo que ao principio se nos permite intuír e cara ao final se nos mostra sen rodeos. Gustoume moito, tamén, como [a:Jack Kerouac|1742|Jack Kerouac|https://images.gr-assets.com/authors/1544568646p2/1742.jpg] debuxa non tanto o camiño como sobre todo o próximo ao camiño, o extrarradio, a América desinhibida, o prezo de fuxir e escapar do normal e do estándar e a vida nas marxes, sen límites. Déixoo aquí porque spoilers, pero moi ben iso, para min. E moi ben, para min tamén, o principal responsable de todo isto, Dean Moriarty. Intúo que as aventuras da versión ficticia de Neal Cassady teñen aquí pouco de caricatura e moito de retrato, pois paréceme improbable inventar un personaxe tan divertido, tan tolo pero á vez tan tenro e con tantas caras tan afastadas, tan incoherentes, tan imprevisibles. O meu maior problema con [b:En el camino|316495|En el camino|Jack Kerouac|https://i.gr-assets.com/images/S/compressed.photo.goodreads.com/books/1515791622l/316495._SY75_.jpg|1701188] é que apenas atopo un fío ao que agarrarme máis alá de chascarrillos e historietas, case nunca sei cara a onde me leva ou de onde vén e apenas empezo a intuír un camiño ata que me achego ao final, pero quizais así sexan as cousas.

#book

Published · bridged from Atmosphere

ActivityPub object: https://bridge.neodb.net/users/badabadabuba.bsky.social/posts/3mssr4m4ltkaz
AT Protocol record: at://did:plc:svocpvts6uco7nkvlx265pju/buzz.bookhive.book/3mssr4m4ltkaz